Rescatan tres mulleres en risco de afogar na praia de Lourido
Por Redacción
Segundo informa a Garda Civil, o perigoso estado do mar deu varios sustos o domingo na praia de Lourido no municipio de Poio.
O primeiro dos incidentes tivo como feliz protagonista un garda civil destinado no Grupo de Reserva e Seguridade con base en Pontevedra. O axente, que se encontraba franco de servizo, gozaba o seu día de descanso semanal no areal de Lourido cando os usuarios da zona alertaron da perigosa situación dunha muller que estaba a bañarse e non era capaz de regresar á beira polos seus propios medios.
Unha amiga da vítima requiriu a axuda do axente sen coñecer a súa calidade de garda civil, advertindo, nun importante estado de axitación e nerviosismo da situación da súa compañeira no mar.
Unha forte resaca impedía que a muller puidese avanzar
Unha forte resaca impedía que a muller puidese avanzar malia os seus intentos por nadar para alcanzar a beira. O garda civil decidiu botarse á auga e, tras tranquilizar á vítima presa do estado de ansiedade lóxico tras varios minutos de angustia, regresou con ela á praia.
Ao pouco tempo foron outros dous varóns que conseguiron rescatar unha segunda vítima que se viu nunha situación similar mar dentro.
Pouco despois de chegar a terra firme, o axente da garda civil escoitou os berros de auxilio doutra muller cuxo corpo comezaba xa ten afundirse dado que a resaca puidera coas súas forzas e a arrastraba cara a abaixo.
O garda conseguiu tamén alcanzar esta terceira vítima e volver de novo á praia malia a comprometida situación para o baño.