Sacan a licitación dous trámites que poñen máis preto o proxecto de transporte a demanda
Por Natalia Puga
O goberno local de Pontevedra deu este luns dous pasos adiante para a implantación do transporte a demanda, a tramitación dun estudo da mobilidade periurbana e a licitación da aplicación informática que coordinará esta nova modalidade de transporte.
A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, anunciou este luns ambos os trámites e valorou que é un "bo día" para a cidade porque "marcamos o pistoletazo de saída" para o inicio da contratación administrativa do transporte a demanda, unha da grandes aposta do bipartito BNG-PSOE para este mandato que nos últimos meses espertou o interese de moitas empresas estranxeiras.
En relación co estudo da mobilidade periurbana, Gulías explicou que sae a licitación por 102.850 euros e cun prazo de execución de 12 meses. A idea do Goberno local é que a finais deste ano empeza a executarse e a finais de 2021 estea listo.
Este estudo profundará nas propostas e explotación do transporte a demanda analizando o comportamento da mobilidade en todo o municipio, sobre todo no rural, para coñecer as solucións máis adecuadas para cada zona, en especial para as parroquias. Ademais, buscará fórmulas técnicas e legais para a súa implantación.
A segunda tramitación aprobada pola Xunta de Goberno deste luns é a licitación da aplicación que permitirá establecer como vai funcionar o mecanismo do transporte a demanda. Sae a licitación por 297.460 euros e un prazo de execución de 21 meses que confían en que empezo a andar a finais deste ano.
Gulías insistiu en que durante o proceso de elaboración dos pregos de contratación puxéronse en contacto co Concello varias empresas estranxeiras interesadas en formar parte do proceso e sinalou que será un paso importante cara a unha mobilidade máis modera en Pontevedra.
Será un "paso pioneiro" que se financiará con cargo aos fondos europeos EDUSI e que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, pretende trasladar ao reelixido presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión que lle solicitou para o momento no que tome posesión.
Relacionadas:
-
O estudo para o transporte a demanda en Pontevedra estará feito a finais de 2021
Por Alejandro Espiño |
-
Dúas empresas compiten por deseñar a APP do transporte a demanda de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cinco empresas optan a realizar o estudo e proposta de explotación do transporte a demanda de Pontevedra
Por Redacción |
-
O estudo do transporte a demanda incluirá unha análise completa da mobilidade no rural
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello encargará un estudo para determinar como se implanta o transporte a demanda
Por Oskar Viéitez |