Pedro Sánchez anuncia que se permitirá a saída "limitada" dos nenos a partir do 27 de abril
Por Diego Espiño
Os nenos e nenas poderán empezar a saír da casa a partir do próximo 27 de abril. Así o anunciou este sábado en rolda de prensa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nunha comparecencia desde a Moncloa.
Sánchez confirmou a súa intención de pedir unha nova prórroga do Estado de Alarma, que se prolongará así ata o 9 de maio nunha decisión que trasladará este domingo aos presidentes autonómicos.
O mandatario xustificou a medida sinalando que non se pode aínda avanzar á "fase dos, a la desescalada" porque os logros son "insuficientes pero sobre todo frágiles, y no los podemos poner en riesgo con decisiones precipitadas".
Con todo a nova prórroga do Estado de Alarma traerá consigo algunhas novidades, como a intención de permitir a saída dos menores, aínda que esta saídas "van a estar limitadas y sujetas a condiciones para evitar contagios". Trátase dunha concesión que se explicará detidamente nos próximos días pero que se toma ao entender os expertos "que es posible aliviar uno de los supuestos del confinamiento", declarou o presidente do Goberno. En todo caso, preguntado respecto diso, recoñeceu que "el punto de partida para nosotros el la Ley de Salud Pública", o que colocaría o límite para saír ao exterior nos 12 anos de idade.
O obxectivo fixado por Pedro Sánchez para iniciar aos poucos a desescalada nas medidas de restrición pasa por tanto ata o fin da nova prórroga do Estado de Alarma que debe aínda ratificar o Congreso dos Deputados, é dicir, o 9 de maio. Nese momento preténdense relaxar o medidas pero de maneira "cautelosa y progresiva", e é que segundo advertiu o mandatario "las decisiones de desescalada no son definitivas" e dependerán de se se producen retrocesos na contención do virus.
Relacionadas:
-
Unha hora ao día de paseo para menores de 14 anos a partir do domingo, pero nada de parques
Por Manu Otero |
-
O Goberno rectifica e os menores de 14 anos poderán saír da casa a pasear
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Sanidade advirte que a posible saída dos menores "non será para xogar"
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo ve "razoable" pensar na desescalada e en incrementar a actividade económica en Galicia
Por Diego Espiño |
-
Feijóo dá por superada a fase aguda da crise e pide levantar restricións por territorios
Por Oskar Viéitez |
-
Pedro Sánchez prevé unha desescalada "progresiva e cautelosa" en dúas semanas "como pronto"
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo pide ao Goberno que busque fórmulas para que os nenos poidan saír de forma "ocasional"
Por Natalia Puga |
-
Quince días máis de confinamento: seguiremos na casa polo coronavirus ata o 26 de abril
Por Alejandro Espiño |