A Deputación dá os primeiros pasos do novo proxecto para a estrada provincial entre Xesteira e Almofrei
Por Redacción
Gregorio Agís, deputado provincial de Infraestruturas, anunciou que se inicia a tramitación para redactar o novo proxecto para a estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei no concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo expoñen desde a Deputación Provincial tratarase dun proxecto no que se adoptarán criterios actuais de infraestruturas seguras fomentando a mobilidade peonil e aposta polo acougado de tráfico e a seguridade viaria.
A intervención será ao longo dun quilómetro e medio de estrada, ata o Campo dá Feira. Amplíase o anterior proxecto da época do goberno de Rafael Louzán, que cubría 700 metros e que, segundo Agís, finalizaba nun muro. O deputado socialista sinala que aquel proxecto contaba con importantes deficiencias que obrigaron a paralizalo e que provocou a demanda por parte do goberno local e do PP para que se acometera desde hai máis de dous anos.
Gregorio Agís avanzou que tentará manter un encontro con Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade para sentar as liñas de traballo e que desde o goberno local se encargue da cesión de terreos, ademais de acordar tamén o sistema de porcentaxe de financiamento entre a Deputación e o Concello.
Relacionadas:
-
Cubela insiste na necesaria mellora da estrada de Almofrei tras un ano esperando polo novo proxecto
Por Redacción |
-
Cubela quere que a Deputación recolla as demandas veciñais no novo proxecto da estrada de Almofrei
Por Redacción |
-
A Deputación informa á veciñanza da situación da estrada de Almofrei
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pedirá á Deputación "alternativas" a sete proxectos paralizados na provincia
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica que a paralización do ensanche da estrada Xesteira-Almofrei "é unha decisión política"
Por Redacción |
-
As expropiacións encarecen o proxecto da estrada Xesteira-Almofrei
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación destina 600.000 euros á mellora do vial entre Xesteira e Almofrei
Por Redacción |
-
Un acordo cos veciños afectados permitirá o ensanche da estrada provincial de Almofrei
Por Redacción |