O PP pedirá á Deputación "alternativas" a sete proxectos paralizados na provincia
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular presentou unha moción ao pleno deste venres na que esixe "alternativas" á Deputación de Pontevedra fronte aos "sete proxectos paralizados" polo goberno que preside Carmela Silva.
A portavoz popular, Nidia Arévalo, explicou que nas últimas semanas percorreron a provincia sinalando a situación dunha serie de obras "que estaban contratadas e a piques de iniciarse" e que agora se atopan "todas anuladas" por decisión do goberno do Partido Socialista e o BNG.
Nidia Arévalo considera que Carmela Silva é "a presidenta da paralización" e que esta serie de proxectos "reflicten o que foi a acción do goberno provincial desde hai dous anos".
Sinala o PP os proxectos da Rolda Leste, de Pontevedra; a variante de Rebón, en Moraña; a estrada Mosteiro-Arcos, de Meis; a estrada Coirón-Ribadumia-Leiro, en Ribadumia; Xesteira-Almofrei, en Cotobade; Baión-András, en Vilanova de Arousa e O Viso-Hío, en Cangas.
Estes proxectos para sete estradas en distintas comarcas da provincia suman máis de sete millóns de euros, segundo informou Nidia Arévalo, que confesou estar "cansada" de presentar propostas nos plenos "sen que se atendan as demandas desta poboación".
Nidia Arévalo afirmou que estas infraestruturas están "anuladas sen xustificación" o que supón "rirse de toda a cidadanía".
A estas críticas a portavoz do PP sumou outra queixa, o cansanzo dos populares porque "se nos insulte" dixo Nidia Arévalo respecto ao cualificativo de "hooligans" que utilizou a presidenta da Deputación ante o comportamento dos deputados do PP por colgar carteis nas estradas provinciais denunciando as "obras paralizadas". "Nós somos respectuosos e non lle imos a contestar", apuntou Arévalo.
Relacionadas:
-
A Deputación dá os primeiros pasos do novo proxecto para a estrada provincial entre Xesteira e Almofrei
Por Redacción |
-
A Deputación investirá este ano 22 millóns de euros en 27 estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno da Deputación apoia á investigación do accidente do Alvia, pero sen buscar responsables políticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP critica que a paralización do ensanche da estrada Xesteira-Almofrei "é unha decisión política"
Por Redacción |
-
O PP colga o cartel de "obra paralizada" na estrada provincial de Baión
Por Redacción |
-
Carmela Silva critica que o PP "se ten convertido nun partido de hooligans"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP cambia o cartel que anunciaba as obras da variante de Rebón polo de obra paralizada
Por Redacción |
-
O PP colga un cartel para denunciar un proxecto "paralizado pola Deputación"
Por Redacción |