A AECC de Pontevedra saca o cancro á rúa
Por Redacción
O Día Mundial Contra o Cancro celébrase este martes, 4 de febreiro, e Pontevedra non será allea a esta cita. A agrupación local da Asociación Española contra o Cancro poñerá en marcha a campaña Chámao cancro cunha carpa na Praza da Peregrina equipada cunha pantalla xigante na que se proxectarán diferentes historias de pacientes da provincia.
A presentación oficial da campaña está prevista para as 11.15 horas e correrá a cargo da nova presidenta provincial, María del Carmen Abeledo. Ademais das pezas audiovisuais que se emitirán, que estará aberta ata as 13 horas e pola tarde entre as 17 e as 19, pasarán pacientes pola carpa para contar a súa experiencia e contribuír a dar normalidade a unha enfermidade que afecta a toda a soceidad.
A nivel estatal, desde a Asociación lembran que cada ano 275.000 persoas son diagnosticadas dalgún tipo de tumor e 1,5 millóns ven afectados pola enfermidade, tanto pacientes como os seus familiares. "Mostrar a gran cantidade de sensibilidades e maneiras de enfrontarse ao cancro, así como coñecer as experiencias doutros e romper tabús axuda a outras persoas e normaliza esta realidade social", sinalan.
Relacionadas:
-
Dicir a palabra cancro e combater o medo, obxectivos da AECC no día mundial contra esta enfermidade
Por Manu Otero |
-
Carmen Abeledo, nova presidenta da AECC de Pontevedra: "la Asociación te engancha"
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |
-
Xoias solidarias para a loita contra o cancro
Por Redacción |
-
Un sorriso máis forte que o cancro
Por Manu Otero |