O alumnado de Ponte Sampaio toma conciencia sobre a educación na paz e a non violencia
Por Redacción
O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio sumouse este xoves 30 de xaneiro ás conmemoracións do Día da Paz cun acto no que participou todo o alumnado e profesorado do centro educativo.
Con esta xornada, o centro busca reivindicar a necesidade de educar na paz e non violencia e concienciar ao alumnado en valores de paz e convivencia.
O acto incluíu a lectura dun manifesto pola paz elaborado polo alumnado de sexto curso de educación primaria, a lectura de poemas en galego e castelán e o visionado dunha curtametraxe en inglés sobre a necesidade da paz e non violencia (The story of Ivine and Pillow).
O alumnado tamén interpretou a canción 'Quero ser', confeccionou un fotograma con debuxos A3 do que significa a paz para cada escolar e realizou unha pequena exposición de oral de que significa a paz para cada unha das aulas do centro.
No marco das actividades coas que este colexio conmemora o Día da Paz, este venres terán unha charla sobre a realidade do pobo saharauí.
Relacionadas:
-
O alumnado de Ponte Sampaio, segundo mellor de Galicia nun certame de Mans Unidas sobre cambio climático
Por Redacción |
-
Alumnos do CEIP Ponte Sampaio aprenden sobre terapia con animais
Por Sara Iglesias |
-
Luis Zahera, unha visita de cine no colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
É tempo de magostos no colexio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
A cativada do colexio de Ponte Sampaio pásao en grande coa festa do Samaín
Por Redacción |
-
O colexio de Ponte Sampaio maniféstase e toma conciencia sobre a emerxencia climática
Por Redacción |