A Lama reivindícase como 'centro comercial rural' tras o éxito da súa feira dominical
Por Redacción
O público, coa súa presenza masiva, ratificou a idoneidade de converter a feira da Lama, a primeira que se celebra esta ano, nunha especie de 'centro comercial rural'.
Asentada na súa nova localización da Alameda, a feira dá unha mellor cobertura aos vendedores ambulantes e tamén unha maior comodidade aos usuarios que se achegaron para facer as súas compras ao deixar libres as rúas anexas para aparcadoiro.
Outra das novidades da celebración da nova feira é que a farmacia da Lama conta xa con autorización da Consellería de Sanidade para abrir durante todos os domingos do ano coincidindo coa celebración deste mercado.
Ademais, as persoas que se achegaron ata a feira da Lama puideron coñecer con comodidade as distintas ofertas e alternativas e produtos que ofrecen os feirantes, que contaron como reforzo coa presenza do pulpeiro Porta, profesional moi coñecido na comarca.
Así, este domingo estiveron presentes vendedores ambulantes de roupa, calzado panadería, produtos da horta, comestibles e plantas que deixaron de estar situados nas rúas lindeiras con este espazo de lecer.