A Policía impide enfrontamentos entre seareiros do Pontevedra e o Racing de Ferrol
Por Redacción
A Policía Nacional despregou este domingo un forte dispositivo para impedir os enfrontamentos entre seareiros do Pontevedra Club de Fútbol e do Racing de Ferrol.
Desde primeira hora da mañá os axentes iniciaron unha serie de accións para evitar actos vandálicos con motivo do partido que se xogou pola tarde no estadio municipal de Pasarón.
O operativo iniciouse coa chegada do autobús dos ferroláns, con controis e cacheos preventivos, estendéndose ata a súa saída de regreso á cidade departamental.
O dispositivo foi un éxito en tanto que non se produciron altercados importantes aínda que si que se viviron algunhas situacións tensas nas horas previas ao partido.
Por exemplo, aínda que se evitou que os afeccionados do Racing accedesen ás Prazas "granates" de Méndez Núñez e a Verdura, os axentes antidisturbios da Policía Nacional tiveron que intervir na rúa Cruz Vermella do mesmo xeito que pasou nas inmediacións do estadio de Pasarón.
Os seareiros do Racing de Ferrol estiveron todo o tempo escoltados ata o estadio onde ocuparon a zona prevista na bancada Sur.
Relacionadas:
-
A Policía intervén bengalas, drogas e un obxecto contundente entre os asistentes ao Pontevedra-Racing de Ferrol
Por Redacción |
-
Querer e non poder do Pontevedra fronte a un defensivo Racing de Ferrol (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra espera con fame pero sen ánimo de vinganza ao Rácing de Ferrol
Por Manu Otero |