Os pontevedreses, na busca dos mellores 'choios' co inicio das rebaixas
Por Redacción
A actividade comercial que este martes se rexistrou en Pontevedra non foi a habitual. Non o foi porque o inicio formal das rebaixas de inverno animou as compras na cidade. Centos de pontevedreses aproveitaron desde o primeiro día os grandes descontos que ofrecen os comercios da Boa Vila.
Aínda que as compras online e os novos hábitos de consumo, con establecementos iniciando as rebaixas días antes do período habitual, puidese restar algo de interese a esta tradicional data, desde primeira hora da mañá os comercios rexistraron unha gran afluencia.
Descontos de ata o 50% víronse xa nos escaparates de Pontevedra e moitos as aproveitaron xa para adquirir produtos aos que xa lles botaron o ollo en días pasados ou para cambiar agasallos de Reis non desexados.
O período de rebaixas de 2020 prolongarase ata o próximo 29 de febreiro, aínda que desde que o Goberno liberalizou as datas establecidas, os comercios poden dalas por finalizadas antes dese día se consideran que venderon todo o seu stock dispoñible.
Para estas rebaixas, a Federación Galega de Comercio estima que se rexistrará un 2% de aumento nas vendas con respecto ao ano pasado, o que se traducirá en que os galegos nos gastaremos unha media próxima aos 100 euros.
Relacionadas:
-
Inicio descafeinado das rebaixas, con colas tan só nalgunhas tendas e moitos cambios de Reis
Por Natalia Puga |
-
O Concello colaborará con Zona Monumental para manter a feira Stock Pontevedra
Por Redacción |
-
Xa se poden reservar espazos para Stock Pontevedra, que chegará ao recinto feiral do 7 ao 9 de febreiro
Por Redacción |