Xa se poden reservar espazos para Stock Pontevedra, que chegará ao recinto feiral do 7 ao 9 de febreiro
Por Redacción
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental abriu o prazo de inscrición e reserva de casetas para participar na XVII edición da feira de oportunidades Stock Pontevedra, que se celebrará os próximos días 7, 8 e 9 de febreiro.
Un dos requisitos que deben cumprir os comerciantes que queiran participar é que os produtos que se poñan á venda sexan propios do establecemento e os teñan a un prezo ou nunhas condicións máis vantaxosas para os consumidores. Queda a elección do propietario a porcentaxe de desconto ou oferta que aplica.
O evento está concibido para os pequenos comercios que cumpran, ademais, os requisitos de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas nalgún dos epígrafes comprendidos no sector de comercio e no censo de actividades económicas dentro do epígrafe de venda polo miúdo; e ter establecemento aberto ao público.
Todo comerciante que desexe participar ou recibir máis información pode solicitala na oficina do CCU Zona Monumental na rúa Sierra, no teléfono 685896569 ou a través do correo electrónico info@ccuzonamonumental.es.
Os asociados de Zona Monumental e AEMPE teñen un 25% de desconto.
O recinto feiral de Pontevedra converterase nun gran centro comercial con 4.500 metros cadrados de exposición durante a celebración de Stock Pontevedra, a única feira que se realiza en Pontevedra para que todos os comerciantes poidan liquidar stocks das últimas campañas ou se o seu establecemento non lle permite levar a cabo unha campaña de rebaixas, como a das grandes superficies comerciais.
Relacionadas:
-
O Concello colaborará con Zona Monumental para manter a feira Stock Pontevedra
Por Redacción |
-
Os pontevedreses, na busca dos mellores 'choios' co inicio das rebaixas
Por Redacción |
-
A Zona Monumental prepara unha completa programación de Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Stock Pontevedra pecha ata o próximo ano con gran éxito de público e vendas
Por Redacción & Diego Torrado |