Cruz Vermella formará a gardas civís e familiares en Soporte Vital Básico e uso de desfibriladores
Por Redacción
A Asociación PRO Guardia Civil uniuse á campaña formativa 'Os minutos da vida' e, en colaboración coa Cruz Vermella de Pontevedra, programaron cursos de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e Primeiros Auxilios que se celebrarán na Comandancia de Pontevedra.
Esta campaña formativa ten a misión de formar aos socios e familiares da asociación, así como a todos aqueles gardas civís e familiares interesados en acudir ás actividades. En total, poderán asistir 25 persoas por curso.
A primeira actividade está programada para o 10 de xaneiro de 2019 ás 17.00 horas. Será un curso gratuíto e os interesados en participar xa poden formalizar a inscrición a través do correo electrónico do representante de APROGC en Pontevedra, Manuel Picón (representante.pontevedra@aprogc.es) ou a través do número 639293942.
Os encargados de impartir a formación serán os monitores da Cruz Vermella de Pontevedra. Durante tres horas instruirán aos participantes en como realizar correctamente unha reanimación cardiopulmonar, a manobra de Heimlich e a posición lateral de seguridade, ademais de como ha de utilizarse un desfibrilador externo automatizado.