Alertan da ausencia de desfibriladores en comisarías e coches patrulla da Policía Nacional en Pontevedra
Por Redacción
A Confederación Española de Policía en Galicia (CEP) denunciou este mércores a ausencia de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) na maioría de comisarías da provincia, así como nos coches patrulla que circulan polas rúas.
"Na provincia de Pontevedra só dispoñen deste dispositivo nunha das comisarías de Vigo, pero en ningunha outra das súas dependencias policiais da cidade, e tampouco dispoñen del en Pontevedra, Redondela, Marín, Vilagarcía, Salvaterra ou Tui", asegura o sindicato.
Esta situación fai que, a pesar da formación que se está dando aos axentes para poder salvar unha vida no caso de ter que realizar manobras de reanimación cardiovascular, non poidan poñelas en práctica chegado o caso.
"A diferenza de policías locais, como a de Vigo, que nos seus vehículos dispoñen de desfibriladores externos semiautomáticos, os coches patrulla da Policía Nacional non dispoñen deste dispositivo médico de uso extra hospitalario", sinala a CEP.
Por todo iso demandan que "en cada dependencia policial e en parte dos coches patrulla debería haber un DESA, para que que no caso de ser necesario, un axente debidamente formado pode facer uso do mesmo para estabilizar a unha persoa con este dispositivo médico de uso extra hospitalario e reverter unha parada cardíaca, actuacións que poden axudar a salvar miles de vidas ao ano".
Relacionadas:
-
Gardas Civís e Policías Nacionais de Pontevedra manifestaranse este sábado en Madrid para esixir melloras laborais
Por Redacción |
-
Policía Local e Protección Civil de Poio fórmanse no uso de desfibriladores
Por Anxo Lourido |
-
A Policía Nacional detén un fuxitivo internacional en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Poio adquire cinco desfibriladores para os vehículos da Policía Local e Protección Civil
Por Redacción |
-
Caldas instalará desfibriladores en instalacións públicas "sensibles"
Por Redacción |
-
A Deputación dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a 20 municipios da provincia
Por Redacción |
-
Cruz Vermella formará a gardas civís e familiares en Soporte Vital Básico e uso de desfibriladores
Por Redacción |