A Policía Local de Poio, premiada por boas prácticas en educación e seguridade viaria
Por Redacción
A Policía Local de Poio recibirá o vindeiro venres 25 de outubro unha distinción da Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (AXEMPOL) e da Unión Nacional de Xefes e Directivos de Policía Local (UNIJEPOL).
Trátase dun recoñecemento ás boas prácticas en materia educativa e de seguridade viaria. Con este premio valóranse as campañas desenvoltas polos axentes de Poio que buscan a mellora en seguridade nas distintas vías do Concello atendendo ás persoas máis vulnerables.
Desta forma, ao longo dos últimos tempos desenvolvéronse campañas de seguridade viaria, con especial incidencia da de recollida de sistemas de retención infantil para familias sen recursos; campañas de educación viaria en centros educativos do municipio e nos clubs deportivos; campañas de seguridade para persoas maiores e simulacros de formación para concienciar e evitar riscos na estrada e accidentes de tráfico.
A entrega do premio será na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) durante o terceiro encontro das Policías Locais de Galicia.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio recolle o seu premio ás boas prácticas en educación viaria
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio recibirá formación para actuar en casos de violencia machista
Por Redacción |
-
Os elementos de seguridade dos vehículos centran a atención da Policía Local de Poio esta semana
Por Redacción |
-
O transporte escolar de Poio supera con éxito todos os controis
Por Oskar Viéitez |