A Policía Local de Poio recolle o seu premio ás boas prácticas en educación viaria
Por Redacción
Representantes da Policía Local de Poio recolleron este venres un premio ás boas prácticas en materia educativa e de seguridade viaria.
Foi nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na Estrada, durante o terceiro encontro das policías locais de Galicia.
O premio, concedido pola Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (AXEMPOL) e da Unión Nacional de Xefes e Directivos de Policía Local ( UNIJEPOL), valora as campañas desenvoltas polos axentes de Poio para mellorar a seguridade das distintas vías do Concello, atendendo ás persoas máis vulnerables.
Ata A Estrada, ademais de membros da Policía Local, desprazáronse o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas.
Máis dun centenar de axentes de toda Galicia participaron neste acto no, que ademais da entrega de distincións, celebrouse unha mesa redonda sobre as novidades en materia de circulación e tráfico urbano.