A volta ao cole supón un gasto medio de 784 euros
Por Redacción
A Federación Provincial de Comercio de Pontevedra realizou a súa habitual enquisa por estas datas sobre o gasto que se calcula que supoñerá aos petos das familias o inicio escolar na provincia.
Segundo as cifras ofrecidas polas persoas enquisadas, a expectativa do gasto ascende unha media do 9% respecto a os mesmos datos de 2018.
O gasto medio previsto estimado por fillo sitúase nos 421 euros, unha cantidade na que se inclúen tanto os libros de texto como o material escolar e a mochila.
Nalgúns casos habería que engadir os gastos de comedor, que se sitúa entre 116 e 185 euros; e o transporte escolar (entre 63 e 143 euros).
Nos casos dos centros privados, o custo da matrícula sitúase ao redor dos 370 euros. A mensualidade rolda a media de 504 euros.
Nestes centros privados e concertados hai que sumar o gasto en uniformes, que rolda os 395 euros. Nos centros públicos tamén se estima que os gastos relacionados coa compra de roupa e calzado con motivo do inicio escolar (incluíndo a roupa deportiva) sitúase sobre os 184 euros.
As actividades extraescolares deportivas e de lecer supoñen ao mes 176 euros en colexios públicos; 225 euros en centros concertados e ascenden a 736 euros nas escolas privadas, incluída a mensualidade que se paga nestes centros.
Os gastos estimados en centros públicos, segundo a enquisa, nos centros públicos acadan os 784,72 euros; nos centros concertados son de 1.083,43 e nos centros privados chegaría aos 1.516,81 euros.