O "tapón" nas Urxencias de Montecelo, a debate no Parlamento de Galicia
Por Redacción
A deputada parlamentaria do PSOE Patricia Vilán presentou no Parlamento de Galicia unha serie de iniciativas relacionadas coa situación de "colapso do servizo de Urxencias" que se rexistrou durante a fin de semana no Hospital Montecelo.
A representante socialista considera que este problema derívase da negativa da xerencia e da Consellería de Sanidade a reforzar o persoal, ademais do "inexplicable" peche de camas hospitalarias.
Patricia Vilán explica tamén que a falta de persoal nos centros de saúde e nos Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria provoca o desprazamento dos pacientes ao servizo de urxencias do Hospital Montecelo. A este incremento súmase o "tapón" que provoca o peche de camas en planta, de forma que os pacientes atópanse no servizo á espera de que se poida realizar o ingreso.
Segundo o venres, a situación colapsaba o venres 26, segundo explican os socialistas, cando pacientes con necesidades prioritarias agardaron 6 horas para ser atendidos. Ás 22.00 horas atopábanse 49 persoas pendentes de pasar a un box de Urxencias.
Durante o sábado, segundo denuncian desde o PSOE, a situación repetiuse con 61 pacientes acudindo a Urxencias desde as 10.00 horas ata o inicio da tarde.
Patricia Vilán pide á Consellería de Sanidade a apertura das camas pechadas e a contratación de máis persoal de maneira definitiva. Considera, ademais, "imposible de crer" o comunicado emitido pola xerencia no que sinalaban que o domingo quedaban 11 camas libres en área médica nos hospitais provinciais e en Montecelo, ademais de 6 de críticos, 4 de coronarias, 15 de obstetricia e 28 de pediatría e 11 camas cirúrxicas.
Relacionadas:
-
Pacientes e profesionais de Montecelo alertan do colapso en Urxencias
Por Redacción |
-
Novas denuncias de colapso en Urxencias de Montecelo, que chegará ao Parlamento
Por Redacción |
-
O Sergas asegura que hai dispoñibilidade de camas en Pontevedra para atender calquera necesidade
Por Redacción |
-
Alertan da falta de persoal nos PAC's e de camas para ingresar pacientes de Urxencias nos hospitais de Pontevedra
Por Redacción |