Ponce, Morante de la Puebla e Castella abren a Feira taurina dunha Peregrina con "rejoneo" pero sen Vitorinos
Por Ramiro Espiño
A Feira Taurina da Peregrina 2013 bota andar. O empresario Eduardo Lozano, acompañado do xerente da praza pontevedresa Pedro Antonio Rivas presentaban o cartel na mañá do mércores nos salóns do Hotel Rías Bajas de Pontevedra. Un cartel no que, a pesar da crise, se manteñen os catro festexos, incluíndo unha corrida completa de picas, pero do que cae a tarde dos Vitorinos.
A empresa logrou un completo e variado cartel, callado de nomes clásicos e destacados na escala taurina. Hai poucas caras novas, ou mellor dito, as novidades cínguense aos cabaleiros da tarde de picas, os demais xa pisaron o coso de San Roque, e gozan dun gran tirón entre os afeccionados. Iso si, as ternas prometen variedade, calidade e mesmo incerteza en canto ao seu rendemento.
Outra das características do cartel é que está composto por matadores para desfrute dos puristas, pero tamén queda oco para a "farándula" se ben reducida á mínima expresión, xa que a chamada "tarde dos mediáticos", que pecha o ciclo taurino, nesta ocasión unicamente conta cun dos espadas habituais como "El Cordobés".
A Feira bota a andar o día 3 de agosto, cos espadas Enrique Ponce, Morante de la Puebla e Sebastián Castella, que lidará touros de Alcurrucén. Ao día seguinte, o 4 de agosto, será a quenda de "El Juli", Miguel Ángel Perera e Alejandro Talavante, con gando de Victoriano do Río.
Para a terceira tarde, o 10 de agosto, queda a corrida de picas, que lidarán Fermín Bohórquez, Andi Cartagena e Diego Ventura, con gando de "O Capea".
Pecharán a Feira o día 11 de agosto os destros Manuel Díaz "El Cordobés", David Fandila "El Fandi" e Iván Fandiño, con reses Del torreón.
Os subscritores poderán retirar os seus aboamentos para os catro festexos entre o 15 e o 18 de xullo. Posteriormente, os días 19 e 20 de xullo ábrese o prazo para novos subscritores, mentres que a venda de entradas soltas se realizará a partir do luns, día 22 de xullo.
En canto aos prezos manteranse os do ano pasado, con dúas novidades: o desconto dun 10 por cento na corrida de picas, e a venda dunha entrada especial para menores de 16 anos ao prezo de 20 euros.
Eduardo Lozano destacou o feito de ter conseguido "redondear la feria con carteles muy rematados y atractivos", ao tempo que sinalou tamén a importancia de ter logrado manter os catro festexos, a pesar da crise.
Con respecto á ausencia no cartel da tarde dos Vitorinos, Lozano comentou: "Los Vitorinos hay que traerlos de vez en cuando, un año sí y otro no, porque no han pegado el tirón de taquilla que esperábamos y además muchos toreros ponen dificultades para lidiarlos".
Tamén comentou o empresario o interese por conseguir que José Tomás volvese formar parte do cartel, así como a ausencia de caras novas ou do toureiro máis destacado en San Isidro: "Lo de José Tomás se ha intentado con fuerza, pero no podía ser. Se ha lesionado y no va a llegar a esas fechas en condiciones de torear. De San Isidro, la verdad es que este año no ha salido nadie que hubiese deslumbrado, y hemos preferido optar por los que sabemos que tienen tirón para el aficionado aquí".
Por último abordou a decisión de reducir a terna "mediática" á mínima expresión: "Es que sólo queda 'El Cordobés'. Además, todos no caben, y creemos que Iván Fandiño, después de la gran tarde que hizo el año pasado con los Vitorinos tenía que estar. Morante es un riesgo, sí, pero si tiene su tarde puede hacer disfrutar a los aficionados".
Os espectáculos péchanse o día 15 de agosto coa actuación de "El duende ecuestre", un espectáculo que xunta distintas disciplinas da equitación xunto á danza clásica ou o flamenco.