Cuntis renova as luminarias na rúa do Convento
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis está a proceder á substitución de luminarias na rúa do Convento, mellorando a luminosidade do entorno e a eficiencia enerxética.
Deste xeito estanse a retirar as lámpadas de haloxenuros polas súas equivalentes luminarias led ou microled mantendo nos viais os niveis de uniformidade e de intensidade lumínica.
As vellas luminarias non cumpren os criterios actuais de eficiencia lumínica, mentras que os novos equipos melloran o nivel nun 60% debido ao rendemento fronte aos existentes e ao proceso de degradación irreversible acumulado polas luminarias en servizo.
En moitas cidades utilízase o vapor de sodio ou haloxenuros como fonte de luz máis habitual no alumeado viario. Nesta rúa de Cuntis había 10 báculos de 3 metros con luminarias tipo villa e lámpadas de haloxenuros con potencia de 150 vatios. Agora instaláronse lámpadas led de 60 vatios de potencia en báculos de 7 metros. A diferencia na potencia permite un aforro duns 468 euros ao ano.
A actuación ten un orzamento de 5.614 euros aportados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O consumo eléctrico do alumeado público nos concellos supón o equivalente ás dúas terceiras partes do consumo eléctrico por todos os conceptos.
Relacionadas:
-
Cuntis investirá 105.923 euros na sustitución por led de 238 puntos de luz
Por Redacción |
-
Carmela Silva, igual que Pedro Sánchez, aposta pola transición ecolóxica
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Maica Larriba coñece o novo alumeado eficiente que financiou o Goberno en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis cambiará por LED toda a iluminación do campo das Canteiras
Por Redacción |
-
Cuntis renovará toda a iluminación pública do rural
Por Redacción |