Pensionistas de UXT e CC.OO seguirán a concentrarse para que o goberno de Pedro Sánchez os teña en conta
Por Redacción
Este martes 2 de outubro ás 12.00 horas, pensionistas convocados polos sindicatos Comisións Obreiras e UXT van concentrarse ante o edificio da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
Os secretarios comarcais de xubilados destes dous sindicatos, Luís Camiña e Marisa Domínguez, incidiron este luns en que o 25% do sustento da maioría de familias de España atópase neste sector da poboación.
Marisa Domínguez afirmou que o Partido Popular, cando se atopaba no goberno, humillou ao colectivo de pensionistas co incremento de tan só o 0,25% e bloqueando o Pacto de Toledo. Fan un chamamento á poboación de máis de 40 anos para que se somen a estes actos de protesta, sinalando que son os que deben mirar polo futuro das pensións.
Piden, entre outras medidas, que se recupere o índice de revalorización das pensións, esixen unha renda mínima estatal, reivindican a derrogación das reformas e freo dos recortes, que se potencien os servizos de saúde pública e garantir unha prestación efectiva das persoas dependentes que non se atopan protexidas.
Reclaman ao goberno de Pedro Sánchez un cambio de políticas económicas e sociais que permitan mellorar os salarios para que as pensións sexan dignas.
Relacionadas:
-
Medio cento de persoas xubiladas reclaman a viabilidade futura das pensións
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
5.844 pensións foron decisivas na crise para soster a familias no municipio de Pontevedra
Por Miguel Álvarez Fandiño & Redacción |
-
Un berro alto e claro en defensa das pensións
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
VIDEO.- Pensionistas saen á rúa en Pontevedra para reclamar "o que é noso"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |