5.844 pensións foron decisivas na crise para soster a familias no municipio de Pontevedra
Este mércores decenas de delegados dos sindicatos UXT e CC. OO. concentrábanse ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra para reclamar a derrogación da reforma das pensións do 2013.
Estes sindicatos indican que, durante o período máis grave da crise económica, no concello de Pontevedra miles de familias puideron subsistir grazas a 5.844 pensionistas, o que significa que catro de cada dez pensións axudaron a que familias en situación difícil conseguisen saír adiante.
Actualmente na provincia, as pensións son unha fonte de ingresos de 207.000 persoas na provincia, de 24.000 na comarca e 14.721 no concello de Pontevedra.
Denuncian que o Goberno de Mariano Rajoy non revalorizou as pensións nos orzamentos xerais do Estado para este ano e tampouco ofrece solucións aos problemas da Seguridade Soccial.
Estes sindicatos inciden en que é necesario garantir a viabilidade do sistema de pensións porque, pola contra, a relación media entre a pensión e o último salario caerá do 80% a menos do 50% provocando unha perda de poder adquisitivo moi grave para os pensionistas.
Relacionadas:
-
Medio cento de persoas xubiladas reclaman a viabilidade futura das pensións
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pensionistas de UXT e CC.OO seguirán a concentrarse para que o goberno de Pedro Sánchez os teña en conta
Por Redacción |
-
Os pensionistas volven á rúa: "Non nos fiamos" dunha suba que ven un "espellismo"
Por Alejandro Espiño |
-
"A reforma das pensións é para machacar a xente nova"
-
Un berro alto e claro en defensa das pensións
Por Diego Espiño & Diego Torrado |