Comeza a desmontaxe da marquesiña da Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas iniciou este mércores os traballos de desmontaxe da marquesiña da Ponte da Barca para a súa posterior renovación.
A Xunta está a seguir a programación prevista, planificada de tal xeito que permita compatibilizar a intervención coa circulación de vehículos e peóns, provocando a mínima afección posible. O Goberno galego, durante a redacción do proxecto, deseñou un proceso construtivo co obxectivo de minimizar o impacto no tráfico e as afeccións que se poidan producir pola execución das obras programáronse en horario nocturno.
O Executivo autonómico realizou unha profunda análise e revisou toda a estrutura da ponte, do que resultou o proxecto que se presentou aos concellos de Pontevedra e Poio, e se está a acometer.
Cómpre lembrar que estas obras, na estrada PO-531 foron adxudicadas á empresa Civis Global, S.L.U, por un investimento de preto dun millón de euros.
As actuacións suporán a renovación da marquesiña que protexe as beirarrúas; construirase unha nova estrutura de madeira, cun tratamento protector que estará especialmente deseñada para evitar a acumulación da auga e a cuberta será de aluminio para evitar un rápido deterioro e garantir a maior resistencia.
Nesta obra empregaranse materiais máis duradeiros e en sintonía co medio, dun xeito integrado coa paisaxe. Neste sentido, as accións a acometer son resultado dunha avaliación por parte de técnicos especialistas en ofrecer solucións duradeiras neste tipo de estruturas e coa utilización de materiais tradicionais como a madeira.
Ademais, levaranse a cabo outras accións importantes para a conservación da propia ponte, para incrementar a súa vida útil, como o selado de fisuras, a mellora evacuación das augas, a reparación dos sumidoiros ou o repintado da estrutura.
O proxecto tamén contempla a iluminación da ponte e da estrada con proxectores led, que mellorarán a estética, realzando a estrutura, e acadarán unha maior eficiencia enerxética.
Relacionadas:
-
A nova marquesiña da ponte da Barca comezará a instalarse en novembro
Por Redacción |
-
As obras da ponte da Barca deixan aos peóns ás escuras
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- A ponte da Barca ofrecerá nova imaxe antes de 2019
Por Anxo Lourido |
-
A plataforma de San Salvador insiste en manter o dobre carril de circulación na ponte da Barca
Por Redacción |
-
Pedaladas insiste en reclamar un só carril motorizado e outro dobre para bicicletas na Ponte da Barca
Por Redacción |
-
A ponte da Barca seguirá aberta ata despois das festas
Por Redacción |
-
A ponte da Barca, en obras a partir de mediados de xullo para a súa reforma integral
Por Alejandro Espiño |