As obras da ponte da Barca deixan aos peóns ás escuras
Por Oskar Viéitez
Primeiro foi unha beirarrúa e agora xa son as dúas. As obras da ponte da Barca afrontan estes días a retirada da deteriorada marquesiña que amparaba aos transeúntes da choiva e na que estaba instalada a iluminación da beirarrúa. Coa súa eliminación tamén se suprimiron as luces deixando ás escuras a todas aquelas persoas que cruzan andando polo viaduto durante a noite.
Segundo sinalaron os veciños afectados, pasar pola Barca de noite leva un perigo engadido debido á deterioración que sofren as beirarrúas.
Trátase dun problema de fácil solución pero que ata hoxe non se resolveu por parte da empresa adxudicataria das obras e do que non advertiron ningunha das administracións con competencia neste asunto, a Xunta como titular da infraestrutura e os concellos de Pontevedra e Poio como beneficiarios.
Máis difícil de resolver resulta o contratempo xerado pola instalación da andamiaxe no van da ponte que, durante a marea alta, impedirán o paso de embarcacións de máis de cinco metros de altura ao limitar o gálibo.
Un total de 14 veleiros que teñen o seu atraque nestas instalacións náuticas están afectados ademais daqueles barcos en tránsito que queiran fondear no pantalán do Lérez.
Relacionadas:
-
A ponte da Barca, só de saída cara Poio ata marzo
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma da ponte da Barca terminará este mes de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía recupera parte da iluminación roubada da ponte da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- A ponte da Barca ofrecerá nova imaxe antes de 2019
Por Anxo Lourido |
-
Comeza a desmontaxe da marquesiña da Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez |