Máis de 150 nenos participan nas ludotecas e campamentos de verán de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Tres ludotecas e varias quendas do campamento Campalledo 2018. É a oferta do plan municipal de conciliación estival impulsado polo Concello de Cerdedo-Cotobade. Máis de 150 nenos e nenas participan nestes programas.
Con todas estas actividades, o goberno local pretende favorecer a conciliación laboral e persoal das familias coincidindo coas vacacións lectivas dos nenos ao tempo que se lle concede un respiro aos seus proxenitores, titores ou avós e se favorece a formación e o lecer dos rapaces.
Neste mes de xullo estanse a celebrar as ludotecas de Carballedo e Tenorio, que contan con 41 e 44 rapaces, respectivamente, o que obrigou a incrementar as prazas, xa que inicialmente contemplábanse 40 por espazo. Ademais, a ludoteca de Cerdedo, que terá lugar durante todo o mes de agosto, xa conta con 20 rapaces anotados e ten aberta a súa inscrición.
Paralelamente, estanse a desenvolver os campamentos municipais, que acolleron a preto de 30 rapaces de 7 a 11 anos a semana pasada na primeira quenda e que na actualidade está a celebrar a segunda, para mozos de máis de 12 anos, cunha vintena de asistentes. Estas actividades, de sete días por quenda, teñen lugar en réxime de pernocta.
O Concello habilitou nesta ocasión unha cifra récord de 170 prazas nestas iniciativas de conciliación ante a crecente demanda de anos anteriores.
Relacionadas:
-
Fin ao Campalledo, que en xullo xuntou en Carballedo nenos de toda a provincia para facilitar a conciliación
Por Redacción |
-
Bota a andar o campo internacional de traballo de Carballedo con 13 mozos de España, Taiwán, México e Xapón
Por Redacción |
-
Tres ludotecas entreterán no verán a rapaces en Carballedo, Tenorio e Cerdedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade habilita 170 prazas en campamentos e ludotecas de verán
Por Redacción |