O Día de Colón cambia de data para a súa novena edición
Por Redacción
O Día de Colón afástase do verán para a que será xa a súa novena edición.
A popular celebración, que fai retroceder no tempo a Combarro para lembrar ao seu veciño máis ilustre, o descubridos Cristóbal Colón, retrasará este ano a súa celebración ata a última fin de semana de setembro, data na que pretende establecerse.
Así o confirmou a Asociación Combrus, unha das entidades organizadoras tras sopesar " as datas libres no calendario de eventos temáticos en Galicia e festas arraigadas en Poio".
Desta forma en lugar do mes de xullo, cando se celebrou os dous últimos anos, o Día de Colón terá lugar nesta ocasión o venres 28 e o sábado 29 de setembro.
Asímismo abriuse o prazo de inscrición para os artesáns interesados en participar no mercado medieval, podendo enviar unha solicitude ao correo electrónico asociacioncombrus@hotmail.com.
Relacionadas:
-
As xestas de Colón seguen moi presentes en Poio
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A novena edición do Día de Colón teno todo para ser un exitazo
Por Oskar Viéitez |
-
O Día de Colón premiará a decoración dos locais de Combarro
Por Redacción |
-
Combarro viaxa ao seu pasado medieval cunha nova edición do Día de Colón
Por Redacción & Diego Torrado |