Ponte Caldelas foi o único concello da provincia que non pediu subvención para o CIM
Por Oskar Viéitez
Os concellos da provincia de Pontevedra van percibir este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por importe de máis de 1,1 millón de euros, para a posta en marcha de distintas accións de promoción da igualdade real entre mulleres e homes. Así o explicou este luns a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, nunha rolda de prensa na que detallou os resultados desta convocatoria de axudas.
En total serán 47 os concellos beneficiarios destas achegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. O orzamento distribúese en tres liñas de axuda: apoio aos centros de información á muller (CIM), fomento da conciliación e prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Ante a alta demanda, a Xunta vai ampliar en case 255.000 euros o orzamento destinado ás iniciativas para conciliar a vida laboral, persoal e familiar.
Susana López Abella sinalou que "sorpresivamente" non pediu subvención este ano Ponte Caldelas "a pesar de que ten dúas persoas en plantilla traballando e dando atención psicolóxica e asesoría xurídica".
"Lamentamos, evidentemente, que o Concello de Ponte Caldelas non concurrira a esta liña de axudas" ás que se presentan todos os concellos de Galicia que teñe CIM, afirmou a secretaria xeral de Igualdade.
É dicir, dos 27 concellos da provincia que teñen centros de información á muller, pediron subvencións 26, todos agás Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
O goberno de Andrés Díaz afirma que o servizo do CIM se mantén e unicamente con fondos municipais
Por Redacción |
-
Mulleres en Igualdade reclama o CIM de Ponte Caldelas como un dereito para as vítimas da violencia machista
Por Redacción |
-
Un encontro multisectorial visibilizará en Ponte Caldelas o problema da violencia de xénero
Por David Arana | Creada e actualizada
-
A Xunta lembra a convocatoria de axudas destinadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero
Por Redacción |