Pontevedra ofrécese para acoller refuxiados do buque Aquarius
Por Oskar Viéitez
A xunta de portavoces do Concello de Pontevedra acordou este martes por unanimidade ofrecer ao municipio para acoller a parte dos 629 inmigrantes rescatados polo buque "Aquarius" en augas do Mediterráneo.
A proposta foi presentada polo grupo municipal do PSOE e apoiada unanimemente polo resto de formacións políticas (BNG, PP, Marea e Cidadáns), segundo informou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Pontevedra súmase aos concellos coordinados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) como un "concello acolledor".
"Estamos a disposición da Fegamp e serán eles os que distribuian e digan finalmente" cantos refuxiados veñen a Pontevedra, sinalou o alcalde.
O portavoz local do Partido Socialista, Tino Fernández indicou que "Pontevedra ten que poñerse no mapa da solidaridade porque o modelo de cidade ten que ir máis alá das beirarrúas".
Tino Fernández dixo estar "encantado" de que o Partido Popular votara a favor desta iniciativa aínda que considera que o PP o fixo por "oportunismo político e non o fan por convicción".
Relacionadas:
-
Un cento de persoas rachan co silencio: "Non máis mortes de migrantes no Mediterráneo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
823 persoas estranxeiras residen en Marín, procedentes de 62 países
Por Redacción |
-
A Casa da Luz homenaxea na celebración do Día Mundial do Refuxiado ás familias que tiveron que fuxir do seu fogar
Por Redacción |
-
Pontevedra prepárase para acoller refuxiados procedentes do buque 'Aquarius'
Por Redacción |
-
Piden que Pontevedra se ofreza a acoller refuxiados do buque Aquarius
Por Alejandro Espiño |