Rafael Domínguez dá un paso adiante cara á Alcaldía de Pontevedra: "Mi intención a día de hoy es ser candidato"
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Rafael Domínguez ten toda a intención de disputar a Miguel Anxo Fernández Lores a Alcaldía de Pontevedra nos próximos comicios municipais de maio de 2019 e, para iso, xa empezou a dar os primeiros pasos. Este sábado anunciou que presenta a súa candidatura como presidente do Partido Popular a nivel local.
Domínguez, concelleiro do PP en Pontevedra desde 2015, compareceu este sábado para anunciar que presentará a súa candidatura ao próximo congreso local do PP que se celebrará a fin de semana do 30 de xuño e o 1 de xullo, pero non negou as súas intencións finais, que non son outras que converterse no próximo alcalde de Pontevedra dentro dun ano. Está "convencido" de que o PP pode gañar esas eleccións.
"Mi intención es ser presidente local y mi intención, una vez sea presidente local, es que la junta local me nombre candidato. Mi intención a día de hoy es ser candidato", recoñeceu nunha rolda de prensa na sede local do partido na que falou sen andrómenas e puxo todas as cartas sobre a mesa.
Jacobo Moreira non presentaría a súa candidatura para seguir presidindo a agrupación
Apenas unha hora antes, o partido xa anunciara a través do seu responsable de prensa que o actual presidente local e candidato nas últimas municipais, Jacobo Moreira, non presentaría a súa candidatura para seguir presidindo a agrupación. Detrás dese anuncio xa había outro implícito: o actual número uno dos 'populares' pontevedres renuncia a repetir como aspirante á Alcaldía.
O de Rafael Domínguez era desde hai semanas uno dos nomes que máis soaban no ambiente político municipal para substituír ao, ata agora, xefe de filas dos 'populares' pontevedreses e chegouse a indicar que o propio partido chamara á súa porta para pedirlle que fose candidato. El non aclarou este extremo este sábado, senón que enmarca o seu anuncio nunha decisión persoal e meditada.
Ademais, quixo aclarar que non recibiu o apoio explícito do presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, nin de ningún cargo do partido, aos que atribúe unha posición de "neutralidade" ante o congreso local e a presentación doutras posibles candidaturas. De feito, engade: "desconozco si tengo el aval de partido".
Segundo desvelou, a súa candidatura empezou a xestarse "hace unos meses", cando iniciou "un periodo de reflexión personal y política" en el que decidió "dar un paso atrás para observar y para ver los diversos estamentos del Partido Popular". Nese tempo reduciu a súa actividade na primeira liña política "bajó de intensidad" e centrouse en entrar en contacto cos afiliados e cargos do partido. A conclusión á que chegou foi "que había couas que se podían mejorar" e que había moitos proxectos que quería encabezar.
Domínguez, médico de profesión, resume a súa candidatura en tres palabras: ilusión, diálogo e, sobre todo, Pontevedra. "Quiero crear una candidatura que ilusione, una candidatura abierta al diálogo, que hable con todo el mundo, y una candidatura en la que lo importante será Pontevedra", explicou, á vez que avanzou que a súa intención é "ser un soplo de aire fresco" que consiga "un Partido Popular que ilusione a Pontevedra".
Asegura que "para nada" pretende emendar a Jacobo Moreira, pero asume que "hay cosas que se pueden hacer mejor
"Pontevedra es la ciudad que amo, es dónde nací, dónde vivo y dónde trabajo", insistiu o ata agora único candidato a presidir o PP local, que xa avanza que "Pontevedra debe ser el eje y el centro de mi candidatura". Non desvela nomes das persoas que lle acompañarán nese proxecto, pero si que contará con todos os que conforman a familia 'popular'.
Respecto diso, deu a coñecer que xusto antes de anunciar as súas intencións aos medios reuniuse co resto de concelleiros para avanzarlles a decisión e que "ahora mismo cuento con todo el mundo del PP de Pontevedra", incluído Jacobo Moreira, ao que anunciou persoalmente as súas intencións e a quen "para nada" pretende emendar, pois "es mi amigo, es un gran político, ha hecho muchas cosas muy buenas". Iso si, recoñece que "hay cosas que se pueden hacer mejor".
Rafael Domínguez Artime, de 41 anos, actualmente exerce como director médico no Hospital Quirón Miguel Domínguez de Pontevedra, e deu un paso á fronte no ámbito político en xullo de 2014 ao converterse no tesoureiro do Partido Popular na cidade.
Meses despois, aceptou incorporarse á candidatura que liderou Jacobo Moreira nas eleccións municipais de 2015. Foi o número 3 dos populares naquela cita electoral.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez formará parte do comité de dirección do PP provincial
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Rafa Domínguez: Unha playlist para un aniversario de voda
Por Marisa Ciordia |
-
Rafa Domínguez, elixido por aclamación novo presidente do PP de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Núñez Feijóo e Ana Pastor avalarán a Rafa Domínguez no Congreso Local do PP
Por Redacción |
-
José Benito Suárez Costa será o número 2 do PP local
Por Redacción |
-
Para Rafa Domínguez "este ya no es un modelo de ciudad del BNG, es de todos los pontevedreses"
Por Diego Espiño |
-
Só Rafael Domínguez formaliza a candidatura para presidir o PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafael Domínguez inicia en Lérez a súa "xira" cara a presidencia do PP local
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira deixará de ser concelleiro tras o congreso local do PP de Pontevedra
-
Moreira garante que o PP terá o "mejor candidato" en Pontevedra "aunque no sea yo"
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Feijóo ve a Lores "agotado": "Se acertamos co candidato poderíamos gobernar"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un sondeo analiza o tirón de catro posibles candidatos do PP ás municipais de 2019
Por Alejandro Espiño |