Unha aplicación do teléfono móbil permitirá identificar as árbores do campus
Por Oskar Viéitez
O campus de Pontevedra traballa nun proxecto de catalogación e posta en valor do seu arboreto que inclúe un importante salto tecnolóxico.
O primeiro paso foi a xeorreferenciación da totalidade das especies para logo proceder a súa identificación con 30 carteis de madeira, nos que se pode ler o nome común e científico da árbore, a súa familia e lugar de procedencia, e inclúe tamén un código QR que enlaza coa ficha da árbore na base de datos botánica.
O director da Área de Planificación do campus, Celso Cancela, explicou que nestes momentos están a traballar na creación dun "mapa interactivo baseado na tecnoloxía de Google Maps", que sitúa no mapa desta plataforma todos os exemplares coa súa ficha técnica.
Esta iniciativa dará paso ao deseño dunha "ruta de referencia que sirva de guía para posibles visitas" e a implantación dun "sistema de realidade aumentada" que daría a posibilidade de ir desprazándose polo campus e visualizar na pantalla do teléfono móbil ou da tablet datos dos exemplares aos que o usuario enfoca coa cámara.
Os promotores deste proxecto inclúen a posibilidade de desenvolver unha unidade didáctica para posibles visitas escolares ao arboreto, como engadiu Celso Cancela, quen incidiu en que este proxecto "supón un paso máis e unha mostra de compromiso co proxecto Green Campus".
Relacionadas:
-
Estudantes de cinco institutos visitarán o arboreto do campus guiados por universitarios
Por Redacción |
-
Investigadores da Universidade, institucións e empresas conflúen no Campus Crea
Por Redacción |
-
Pontevedra estrea unha ruta que permite coñecer as árbores presentes no Campus
Por Oskar Viéitez |
-
O proxecto Green Campus define a súa folla de ruta para este curso
Por Redacción |
-
Novo aparcadoiro disuasorio para 150 coches en Tafisa
Por Oskar Viéitez |
-
Árbores con código QR no campus de Pontevedra
Por Clara Alonso |