Pontevedra celebra este domingo a familiar pedalada popular
Este domingo 6 de maio ás 11.30 horas con salida na avenida Montero Ríos terá lugar a popular Pedalada. Unha marcha ciclista de carácter "marcadamente familiar" e que, segundo sinalou a concelleira de deportes, Anxos Riveiro, "convida a sumar máis persoas ao uso da bicicleta como un medio saudable de desprazarse pola cidade".
Xunto á concelleira, Quique Pérez e Eusebio Ribero, representantes da Asociación Pedaladas, deron conta desta actividade que levan organizando desde o ano 2001.
Quique Pérez fixo fincapé nese carácter totalmente familiar desta actividade inclusiva e para todas as idades. O percorrido deste ano é de seis quilómetros nun ámbito totalmente urbano cunha pequena adaptación de só 2,7 quilómetros pensada para os participantes con diversidade funcional ou os nenos moi cativos.
Con esta marcha Pedaladas busca "que motive a usar a bicicleta durante todo o ano". Como "extras" a Pedalada popular é tamén "unha gran oportunidade para que os máis pequenos empecen a ter experiencia en bicicleta pola calzada".
Como novidade, este ano a ruta un pequeno tramo en carril-bici para reivindicar que formen parte do modelo urbano de Pontevedra, dixo Quique Pérez.
A organización está pendente da incidencia que poida ter as numerosas baixas que sufriu estes días a Policía Local de Pontevedra cuxa presencia é necesaria para poder cortar ao tráfico algunhas rúas durante o paso dos ciclistas.
Relacionadas:
-
Os ciclistas 'toman o mando' da cidade cunha nova pedadala popular
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pedaladas organiza dúas saídas familiares en bicicleta
Por Oskar Viéitez |
-
O programa Ao InstienBici de Pedaladas segue a crecer
Por Redacción |
-
Esta próxima semana "Ao InstienBici" na Xunqueira 2 e no Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
Piden unha mellora da seguridade viaria no acceso a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Aumentan case un 50% as denuncias a ciclistas por infraccións
Por Redacción |