O Ateneo comeza as actividades programadas pola Festa dos Maios
Por Redacción
O Ateneo Santa Cecilia presentou este mércores os actos que terán como eixe central os Maios e que comezaron nesta mesma xornada cunhas charlas didácticas nos colexios Sequelo, A Laxe, a Inmaculada e Carballal, impartidas por Julio Santos Pena e Celso Mendez Fraguas, personas involucradas desde sempre nesta festa e que queren a súa experiencia.
Haberá unha exposición de fotos de maios e embarcacións do 2006 ao 2017, no local social da propia entidade de Santa Cecilia. Tamén o venres 27 de abril no local do Ateneo terá lugar unha mesa redonda "A festa dos maios en Marín", na que intervendrán José Antonio Pazos, Enriqueta Otero "Molas" e Julio Santos Pena, as 20:30 horas.
E xá o día 1 de maio terá lugar ás 12:30 horas a concentración dos Maios na Alameda de Marín, e ás 17:30 horas terá lugar o concurso na propia alameda Rosalía de Castro.
Durante o concurso realizarase unha homenaxe a Agustín Sanjorge, participante nos maios dos anos 30 do século pasado.