A Deputación finaliza a obra de mellora da estrada provincial Serrapio-Portela
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de finalizar as obras de mellora da estrada provincial EP-7102 Serrapio-Portela en Cerdedo-Cotobade logo de que a empresa realizara os traballos de pintado da sinalización horizontal aproveitando o bo tempo dos últimos días.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez, unha vez visto o final dos traballos, corroborou a súa satisfacción polo resultado da mellora da estrada, que definiu como "de grande calidade" para dar resposta ás necesidades da veciñanza da zona e aumentar a seguridade viaria.
"Este proxecto supón unha mellora clara, e os veciños e veciñas non teñen máis que velo ‘in situ’. A actuación é máis ambiciosa que a que propoñía o anterior goberno provincial polo seu ámbito de actuación e orzamento, ademais de por incluír elementos de calmado de tráfico que antes non estaban contemplados. É unha obra moi digna para Cerdedo-Cotobade", subliñou o nacionalista.
A Xunta de Galicia vén de licitar un proxecto para a estrada autonómica que conecta con esta vía provincial mantendo as características de sección aplicadas pola Deputación: sete metros de largo.
A obra tivo un orzamento de licitación de 240.822 euros para unha estrada pola que pasan de media 17 vehículos ao día.
Relacionadas:
-
Piden a mellora dun tramo perigoso dunha estrada provincial EP-7102 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O PP insiste en ensanchar a 9 metros unha estrada pola que só pasan 17 vehículos ao día
Por Oskar Viéitez |
-
O pintado da estrada provincial Serrapio-Portela, pendente da chuvia
Por Redacción |
-
O goberno de Cerdedo-Cotobade apoia as protestas dos veciños de Quireza contra a Deputación
Por Redacción |
-
240.000 euros para mellorar dous quilómetros dunha estrada pola que só pasan 16 coches ao día
Por Oskar Viéitez |
-
Piden que a estrada Serrapio-Quireza-Portela se ensanche e que se amplíen dúas pontes
Por Redacción |