Saen a poxa por 180 euros os seis cabalos capturados no Rañadoiro
Por Redacción
Os seis cabalos capturados no Rañadoiro a pasada fin de semana sairán a poxa pública tras non seren reclamados por ninguén.
O Concello é o encargado de organizar esta poxa, que se celebrará nas dependencias municipais do edificio Churruchaos, o próximo 26 de abril ás 12.30 horas.
A poxa será dun único lote de seis cabalos. Os interesados poderán facerse con todos eles por un prezo de saída de 180 euros.
Estes animais formaban parte dun grupo de cabalos salvaxes que nos últimos meses estiveron danando propiedades agrícolas e cultivos na zona de Ponte Sampaio.
Relacionadas:
-
Oito cabalos volven estragar os cultivos no lugar do Rañadoiro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Volven atrapar cabalos salvaxes que danaban propiedades e cultivos no Rañadoiro
Por Diego Espiño |
-
A problemática dos cabalos salvaxes de Ponte Sampaio, ante a Xunta e a Subdelegación
Por Redacción |
-
Atrapan seis cabalos danando propiedades privadas no Rañadoiro
Por Redacción |