El club de la esquinaviaxa no tempo para quedar nesta ocasión no ano 1964. Resultou ser un ano cheo de exitos para os catro de Liverpool. Ata en dezaoito ocasións foron número un neses doce meses con seis exitos: "She loves you", "Love me do" ou "I feel fine" entre outros.
Nesta edición número sete do programa de PontevedraViva Radio tamén se pode escoitar a musica de Roy Orbison, The Kingmen e o seu exito "Louie Louie", Contours, e aos Bee Gees acompañados de Celine Dion.
Tino Domínguez, músico e xornalista condutor de El club de la esquina fai oco para os grupos nacionais daqueles momentos. Esta vez para os Bravos, Formula V e Pop Tops.
E complentando a hora de programa, uns minutos para lembrar a Andres Dobarro e non precisamente co seu tren.