Os traballadores do sanatorio Santa María están convocados a un paro de cinco días
Por Oskar Viéitez
Os empregados das clínicas privadas sen convenio propio da provincia de Pontevedra, entre os que se atopa o sanatorio Santa María, están convocados pola CIG, CCOO e UGT a secundar cinco días de folga para reclamar un convenio colectivo "digno".
Os sindicatos consideran que a oferta da patronal é "unha burla" ao entender que se atopa "moi lonxe" das necesidades dos traballadores.
Os paros, que incluirán concentracións diante de centros sanitarios, terán lugar este mércores 7 e os días 14, 21, 26 e 27 de marzo.
Na primeira xornada, que terá lugar este mércores 7, está previsto que se desenvolva unha concentración ás 18.00 horas diante do sanatorio Santa María de Pontevedra.