Tres persoas feridas, unha de gravidade, nun accidente de tráfico en Covelo
Por Redacción
A estrada autonómica PO-308, ao seu paso por Poio, rexistrou un novo accidente. O sinistro tivo lugar este venres no Covelo, sobre as as oito da tarde.
Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, nunha colisión frontolateral entre dous turismos.
A agrupación de Protección Civil, que foi a primeira en chegar ao accidente, Emerxencias de Sanxenxo e a Garda Civil de Tráfico acudiron ao lugar do accidente, ademáis dos servizos sanitarios.
O sinistro interrompeu a circulación nun dos carrís ata que se despexou a calzada.