A Xunta asumirá as alegacións de Pedaladas para mellorar a senda da Seca a Combarro
Por Oskar Viéitez
O colectivo ciclista Pedaladas asegurou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) modificará o proxecto de Senda entre A Seca e Combarro atendendo ás alegacións presentadas por esta asociación ao proxecto de Seguridade Viaria da PO-308.
Tras a reunión do pasado día 12 co director da AXI, Francisco Menéndez, os técnicos da Xunta confirmaron que habería modificacións neste proxecto que ten a consideración de "Ruta Ciclista protexida da DXT".
A maioría das alegacións de Pedaladas foron aceptadas, as máis importantes:
- Elimínanse as balizas que dificultan a circulación en bicicleta.
- Vai crear unha beiravía transitable na subida desde a praia de Areas para reducir o risco de alcance e contará con máis de 1 metro de sección.
- Vai sinalizar a presenza de ciclistas e a obrigatoriedade de separarse lateralmente 1.5 m nos adiantamentos.
- Auméntanse os tramos limitados a 50 qm/h.
- Créanse pasos de peóns e mellórase a accesibilidade peonil.
- Nas interseccións vai ter en conta a seguridade dos ciclistas mantendo beiravías e retranqueando illotes.
Pedaladas valora "moi positivamente" a reunión con Francisco Menéndez e o "espírito dialogante e aberto" da mesma. A asociación Pedaladas vendo esta boa acollida continuará facendo alegacións para mellorar os proxectos nos "TCA Tramos de Concentración de Accidentes" e nos proxectos das "Sendas compartidas" con respecto á seguridade dos ciclistas deportivos, a accesibilidade e as melloras de uso por parte dos ciclo turistas e familias que se despracen en bicicleta nas estradas da ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Aumentan case un 50% as denuncias a ciclistas por infraccións
Por Redacción |
-
Tres persoas feridas, unha de gravidade, nun accidente de tráfico en Covelo
Por Redacción |
-
A Xunta aproba a expropiación de terreos en Poio para crear a senda entre Covelo e Raxó
Por Redacción |
-
A Xunta resposta ás críticas dos ciclistas defendendo a "mellora da seguridade" na PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
Tres glorietas en Samieira, Covelo e Raxó para mellorar a seguridade da PO-308
Por Redacción |