O BNG cualifica como "moi grave" que o director de Augas de Galicia afirme que Elnosa pertence a Ence
Por Redacción
O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, respondía este xoves no Parlamento ás preguntas do BNG sobre a autorización para o abastecemento de auga a Elnosa e sobre o lugar de captación e a previsión de incremento do consumo en situacións de dificultades de abastecemento á cidadanía.
Luís Bará, deputado nacionalista, entende que o máximo responsable de Augas de Galicia realizou durante a súa intervención varias afirmacións que o BNG entende que teñen como obxectivo que a Xunta de Galicia oculte información e ofreza un trato de favor a Elnosa.
Roberto Rodríguez indicou que Elnosa pertence ao grupo Ence e, por este motivo, xustificou que utilizase a mesma captación de auga da pasteira.
Con todo, desde hai anos, Ence e Elnosa pertencen a grupos empresariais distintos e son factorías independentes. Por este motivo, os nacionalistas alertan de que cada unha debe contar coa súa correspondente autorización para a captación e o subministración da auga.
O director de Augas de Galicia indicaba este xoves que o novo proxecto de Elnosa tras a prohibición de elaborar cloro con mercurio non supoñerá un incremento no consumo de auga. Pero Bará afirma que, segundo a documentación que a empresa enviou ao Concello de Pontevedra, prevese un incremento do 50% no consumo anual, pasando de 200.000 a 300.000 metros cúbicos.
A agrupación nacionalista denuncia que existe unha conivencia e a complicidade da Xunta de Galicia coa empresa electroquímica co obxectivo de manter á factoría nos actuais terreos de Lourizán
Relacionadas:
-
Conta atrás para o peche de Elnosa mentres o persoal agarda que o Goberno conceda a prórroga
Por Anxo Lourido |
-
A concesión de Elnosa caducará en catro meses
Por Oskar Viéitez |
-
En Marea esixe ao Goberno de Rajoy información sobre o futuro de Elnosa
Por Redacción |
-
Rueda agarda que outras administracións "estean á altura" con Elnosa
Por Oskar Viéitez |