Un campus internacional con 92 universitarios de 18 nacionalidades
Por Redacción
Un total de 92 estudantes de 18 nacionalidades distintas estudarán no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo durante este curso académico 2017-2018. 36 deles estarán nesta segunda metade do curso e recibiron este mércores unha benvida especial na Casa das Campás.
O vicerreitor, Juan Manuel Corbacho, e a técnica da ORI, Inés Morais, presidiron o acto e déronlles unha "agarimosa benvida" a un "campus moi especial".
Nestes próximos meses ata o remate do curso os 36 novos estudantes convivirán con 11 que permanecen na cidade todo o curso. Durante o primeiro cuadrimestre cursaron estudos no campus outros 45, sumando un total de 92 estudantes internacionais no presente curso.
Segundo as cifras facilitadas pola universidade, un bo número chegaron dende México, que volve ser o país que máis alumnado estranxeiro achega a Pontevedra, un total de 24, seguido de Brasil e Portugal, con 11. En total, as diferentes facultades e escolas reciben este curso alumnos de 18 nacionalidades.
Ciencias Sociais e da Comunicación é, un ano máis, o centro máis internacional, con 43 estudantes do programa Erasmus. En Belas Artes fórmanse neste curso 32 alumnos estranxeiros, 14 fano en Ciencias da Educación e do Deporte, dous en Fisioterapia e un na Escola de Enxeñería Forestal.
Relacionadas:
-
O campus, unha particular ONU con estudantes de 18 nacionalidades
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Unha asociación marinense trae estudantes Erasmus europeos para facer as súas prácticas en Marín e Pontevedra
Por Redacción |
-
O programa Erasmus mobilizou en 20 anos máis de 1.200 estudantes do campus de Pontevedra
Por Redacción |