O programa Erasmus mobilizou en 20 anos máis de 1.200 estudantes do campus de Pontevedra
Por Redacción
Unha das mellores experiencias da vida, inesquecible, unha oportunidade única e irrepetible... Nestes termos, describen a súa experiencia algúns estudantes da Universidade de Vigo, que este curso 2017-2018 están a desenvolver parte ou a totalidade do seu ano académico no estranxeiro ao abeiro do programa Erasmus.
O programa Erasmus mobilizou estes últimos 20 anos en Pontevedra a máis de 1.200 estudantes.
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acadou nas dúas últimas décadas 501 mobilidades, mentres que Belas Artes sumou 384 e Ciencias da Educación e do Deporte 208, segundo os datos aportados por Mª del Carmen Echevarría, no DUVI.
Transcorridos 30 anos do nacemento do programa Erasmus, Manuel Fernández, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, considera que o seu futuro pasa pola extensión a outras zonas do mundo.
"Europa deixou de ser o estranxeiro para converterse en parte da nosa realidade e a nosa cultura. O programa Erasmus tivo unha función crave nesta nova concepción do noso continente", sinala o vicerreitor, que considera que un programa Erasmus global no que puidesen participar institucións educativas de calquera lugar do mundo, sería un gran éxito.
Relacionadas:
-
O campus, unha particular ONU con estudantes de 18 nacionalidades
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra xunta estudantes de cinco países europeos que colaboran nun proxecto sobre emigración
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Estudantes de 17 nacionalidades chegan ao campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Un campus internacional con 92 universitarios de 18 nacionalidades
Por Redacción |
-
RADIO.- Rosa Estévez: "Gran Bretaña non vai a pechar as portas e moito menos aos españois"
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- A playlist: Ana Santos Solla quería o 10 como Walter Szczerbiak
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: A universidade como elixir de xuventude
Por Marisa Ciordia |
-
Erasmus para sempre
Por Mónica Patxot |