Un menor, detido por roubar unha bicicleta de 700 euros
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional de Pontevedra detiveron un menor de 17 anos como presunto autor do roubo dunha bicicleta na cidade o pasado 12 de xaneiro.
Segundo informou a comisaría provincial, foi o propietario dun establecemento o que alertou cunha chamada ao 091 que tiña localizado un mozo que levaba unha bicicleta roubada.
Un cliente que estivera na tenda deixara a bicicleta apoiada no escaparate. Horas despois foi vítima do roubo e, ás 21.30 horas, cando o empresario estaba a pechar a tenda, viu pasar por diante ao mozo montado na bicicleta do seu cliente.
O home decidiu saír tras el e logrou interceptalo, tras o cal chamou á Policía.
Os axentes, tras identificar ao novo, detivérono polo delito de furto da bicicleta, valorada nuns 700 euros.
A bicicleta foi devolta posteriormente ao seu propietario.