Todas as praias do Grove, "excelentes" para o baño
Por Redacción
A Consellería de Sanidade certifica, a través das súas análises anuais, que todas as praias e zonas de baño do Concello de Grove gozarán da clasificación sanitaria de "excelente" de cara á temporada 2018.
Segundo se recolle na web de Sanidade, os 21 areais marcados como zonas de baño acadaron a máxima puntuación.
Así, as praias da Ponte da Toxa, Rons, Lavaxeira, Area das Pipas, Mexilloeira, Area Grande, A Barcela, Barreiriño, O Carreiro, Barreiro, Con Negro, A Barrosa, Farruco, Burato da Londra, O Espiño, O Portiño, Area da Cruz, Raeiros, Paxareiro, A Lanzada e Area de Reboredo renovan esta certificación ambiental.
Esta cualificación será válida durante a temporada de baño de 2018, comprendida dende o 1 de xuño e o 30 de setembro dese ano.
O goberno municipal destaca que esta medida volve a confirmar a calidade das súas praias feito que, xunto cos servizos prestados nas mesmas, as converten en "referencia" en canto a calidade e a coidado medioambiental.