O Grove recolle en Madrid o segundo premio "Travel Guau" como mellor destino dog-friendly de España
Por Oskar Viéitez
O Concello do Grove vén de ser distinguido como segundo mellor destino de España dog-friendly. Este recoñecemento é outorgado dentro da convocatoria realizada pola axencia de viaxes "Travel Guau", unha iniciativa que pretende "difundir e recoñecer a empresas, entes públicos e particulares que loitan por facer do territorio español un pouquiño mais amigable coas mascotas".
A candidatura do Grove foi presentada por unha iniciativa privada encabezada polo Hotel Cons da Garda (quen tamén recibiu un galardón na categoría de "establecementos dog-friendly") e ten conseguido a segunda posición por detrás de Xixón e seguido de Castrillón, Barakaldo e Málaga.
Este mércores celebrarase a gala de entrega dos premios nos que o Concello do Grove recollerá o referido galardón.
O Grove ten sido un dos pioneiros en España na creación de praias caninas ademais de ter posto en marcha espazos específicos para os animais (como o parque canino da Toxa) e ten realizado numerosas accións que contribúen a que se teña convertido nun espazo valorado polos viaxeiros que se desprazan con mascotas.
Este recoñecemento supón un incentivo para seguir traballando en iniciativas que permitan a adecuada convivencia e un mellor deseño do destino para contar con servizos adecuados para este tipo de viaxeiros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo contará cun parque canino a partir da próxima semana
Por Oskar Viéitez |
-
Todas as praias do Grove, "excelentes" para o baño
Por Redacción |
-
Bueu recorda aos seus veciños que "o teu can di moito de ti"
Por Redacción |
-
Os estudantes de quinto curso do CEIP Carballal reciben unha visita 'moi peluda'
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Detectan un elevado número de abandonos de cans en Poio
Por Redacción |
-
Vilagarcía habilitará o Castelete como "praia canina"
Por Redacción |
-
O Concello de Marín lembra que está prohibida a presenza de cans nas praias
Por Redacción |