Marín mellora a contorna de 'Fondo do saco'
Por Redacción
O Concello de Marín está a asumir a mellora de determinados espazos e rúas do centro urbano. Desta forma, o goberno de María Ramallo acometeu a humanización e o arranxo da contorna da rúa 'Fondo do saco' e da Roda.
Os traballos permiten que algúns espazos abandonados ou infrautilizados pasen a ser agora en pequenas prazas e zonas de lecer para que sexan utilizados pola veciñanza.
Neste traballo, os operarios van levar a cabo a limpeza da leira situada nesa contorna, propiedade do Concello, na que se atopan situados os colectores de lixo.
A obra está a ser realizada por Innova, unha empresa de paisaxismo do marinense Jose Souto, que ten como obxectivo integrar no espazo urbano unha zona que, segundo o propio goberno local, danaba gravemente a paisaxe deste tramo.