O alcalde vacínase da gripe ao atoparse nun "grupo de risco"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e o xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, José Ramón Gómez, acudiron ao centro de saúde Virxe Peregrina para vacinarse contra a gripe. Para iso convocaron a todos os medios de comunicación para animar co seu xesto a que a cidadanía se vacine.
Fernández Lores recoñeceu que se atopa nun dos chamados grupos de risco "o alcalde non podar permitirse o luxo de estar unha semana con gripe", chanceou. "De todas maneiras teño máis de 60 anos e teño algo de intolerancia ou azucre, hipertensión... ", engadiu.
O xerente animou a inmunizarse ás persoas que se atopan nos grupos de risco, como son as persoas maiores de 65 anos e, especialmente, aquelas que conviven en institucións pechadas como residencias ou xeriátricos. "As consecuencias da gripe nestes grupos pode ser moi grave", advertiu José Ramón Gómez.
Tamén deberán vacinarse polo seu alto risco de sufrir complicacións en caso de padecer gripe os menores de 65 anos con patoloxías crónicas ou que presentan un alto risco de complicacións polo seu estado de saúde.
Son tamén poboación "diana" os traballadores de centros sanitarios, persoas que conviven no fogar con persoas que pertencen a grupos de alto risco, forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros ou traballadores de institucións penais.
A día 19 de novembro, contabilizáronse un total de 39.943 persoas vacinadas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o que supón 1.294 pacientes máis respecto á campaña do ano pasado, neste mesmo período.
Relacionadas:
-
"Temos a responsabilidade de protexer aos nosos pacientes vacinándonos, para non transmitirlles a enfermidade"
Por Redacción |
-
Montecelo habilitará áreas específicas para tratar os enfermos de gripe
Por Redacción |
-
Unha campaña de vacinación antigripal de récord en Pontevedra: 29.000 pacientes en dúas semanas
Por Redacción |