CC.OO. pide garantías á Deputación da continuidade dos traballadores do Parque de Maquinaria
Por Redacción
José Ramón Piñeiro, secretario comarcal de Comisións Obreiras e José Luis García Pedrosa, secretario de organización, mostraron este xoves a súa preocupación polo expediente da contratación do servizo da rede viaria anunciado pola Deputación Provincial. Os representantes sindicais entenden que con esta medida está a executarse a privatización dos servizos do Parque de Maquinaria tal e como eles teméronse desde o inicio deste mandato.
Piñeiro afirmou que este novo servizo substituirá as actuais funcións do Parque de Maquinaria e por iso reclama que se garanta por escrito que este departamento vai continuar contando cos mesmos 88 traballadores actuais e que seguirán realizando as mesmas tarefas que na actualidade.
Desde CC.OO. entenden que se se dotase de material adecuado ás actuais instalacións, a Deputación aforraríase 33 millóns de euros, cantidade que se vai a investir nos próximos anos nos 1.700 quilómetros de vías da provincia, segundo anunciou o deputado nacionalista Uxío Benitez.
Piñeiro lamenta que o goberno da Deputación estea a manter unha tendencia privatizadora. "O Parque de Maquinaria está abocado a súa desaparición", asegurou. Pola súa banda, García Pedrosa cualificou de "sinvergüenzas políticos" a Carmela Silva e a César Mosquera por ser "traidores á causa da esquerda política de Galicia" ao levar a cabo unha potenciación dos contratos privados de servizos públicos.
José Ramón Piñeiro tamén indicou que espera que nos orzamentos do próximo ano se inclúa unha partida para a nova sede do Parque de Maquinaria xa que a concesión dos terreos que actualmente ocupa na Xunqueira de Alba finaliza en xuño de 2018.
Relacionadas:
-
O pleno da Deputación aproba o cambio no modelo de conservación das estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
100 euros de multa para García Pedrosa, de CC.OO., por incumprir normas viarias na marcha do Parque de Maquinaria
Por Redacción |
-
CC.OO. sostén que a Deputación "mentía ao dicir que o Parque de Maquinaria non se ía a privatizar
Por Redacción |