A empresa Idades asume o servizo de axuda no fogar ata o novo contrato
Por Alejandro Espiño
Unha empresa de Pontevedra, Idades SL, prestará o servizo de axuda no fogar ata que se complete a licitación do novo contrato. Así o acordou a Xunta de Goberno municipal para garantir que os usuarios non queden sen atención tras a renuncia unilateral de Clece, a compañía que ata agora xestionaba esta atención domiciliaria.
O contrato, segundo explicou Raimundo González, será por prazo máximo de seis meses. Extinguirase automaticamente cando se adxudique o novo contrato.
Idades foi a compañía que presentou unha mellor oferta económica no procedemento negociado sen publicidade no que participaron cinco empresas convidadas polo Concello, entre elas a Cruz Vermella e tres firmas locais.
En concreto, ofreceu facerse cargo do servizo por 14,43 euros a hora (máis IVE), un prezo "lixeiramente inferior" ao que traballaba Clece. Segundo os cálculos do Concello, en base ás entre 7.000 e 7.700 horas mensuais que se prestan de atención, o contrato ascenderá a uns 115.000 euros ao mes.
O servizo de axuda no fogar atende actualmente a uns 160 usuarios en Pontevedra, dos cales oito de cada dez son dependentes.
Raimundo González destacou a solvencia de Idades, unha compañía con sede na cidade que ten unha ampla experiencia no sector e que conta cun persoal que supera os 200 traballadores.
Actualmente xestiona o servizo de atención domiciliaria en once concellos: Poio, Barro, Meis, Cambados, Cerdedo, Marín, Bueu, Cangas, O Porriño, Tomiño e Oia. Ademais, a eles súmanse Soutomaior e Meis, onde acaban de adxudicarse o concurso. Son municipios onde gobernan partidos "de todas as cores políticas", engadiu González.
Ademais de manter a atención aos usuarios nas mesmas condicións, Idades tamén subroga, como recolle a normativa, ás noventa traballadoras que prestaban o servizo en Pontevedra con Clece.
Relacionadas:
-
Idades, nova adxudicataria da Servizo de Axuda no Fogar do Concello
Por Redacción & Gabriela Varela Asorey & Anxo Lourido |
-
Tres empresas optan ao contrato municipal do Servizo de Axuda no Fogar
Por Oskar Viéitez |
-
O aumento do prezo do SAF obriga a "resetear" os prazos de licitación
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pedirá explicacións sobre a polémica do Servizo de Axuda no Fogar nunha comisión extraordinaria
Por Natalia Puga |
-
CC.OO acusa a Clece de "manipular" as súas traballadoras para "atacar" o Concello e sacar proveito
Por Redacción |
-
O Concello garante a continuidade do servizo de axuda no fogar a usuarios e traballadores
Por Oskar Viéitez |
-
Clece deixa de prestar o servizo de axuda no fogar en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |