Sanxenxo renova as papeleiras do municipio en mal estado
Por Redacción
A concellería de Medio Ambiente deu orde de renovar todas as papeleiras do municipio que se atopan en mal estado, substituíndoas por unhas novas.
Nesta primeira fase compraranse 30 papeleiras de cor gris de 50 litros para flejar en farois, con flejes e hebillas, das cales se instalarán 25. As outras cinco gardaranse para ter reserva para algún imprevisto.
A compra destas 30 papeleiras supón un gasto de 1.730 euros.
Oito das papeleiras irán á zona do Seame e de Canelas, dúas ao mercado de Portonovo, dúas ao parque de San Roque, catro ao parque da zona do mercadiño de Baltar, seis ao parque de punta Vicaño, unha ao parque do miradoiro da avenida de León e dous ao parque infantil da Revolta, en Noalla.
Nunha seguinte fase, está previsto comprar máis papeleiras para ir aos poucos renovando a maioría das papeleiras do municipio que se atopan deterioradas polo paso do tempo.
PISTA NA BARROSA
Ademais, desde a concellería levouse a cabo unha limpeza e roza dunha pista na Barrosa, na parroquia de Adina, que se atopaba intransitable pola maleza existente.