O albariño ponse de moda en Polonia
Por Redacción
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas acolle, por primeira vez, a visita dun grupo de importadores polacos. Lukasz Wojciechowski, Tomasz Ikwanty, Tomasz Traub, Basia Lejkowska e Leszek Lejkowski son os integrantes desta misión inversa cuxo principal obxectivo é coñecer de preto o territorio, a elaboración e a variedade dos viños de Rías Baixas.
A viaxe comezou este luns no Pazo de Mugartegui cunha presentación xeral da denominación de orixe na sede do Consello Regulador, que correu a cargo da responsable do Departamento de Márketing, Eva Mínguez.
A continuación, os cinco importadores participaron nunha cata dun total de 49 marcas, entre as que se atopaban unha ampla representación de elaboracións.
Tomasz Ikwanty, catador e xestor de contas da firma importadora Star Wines, destacou que "os viños de Rías Baixas están a facerse máis populares en Polonia e teñen boa reputación entre os consumidores".
Relacionadas:
-
Os viños brancos de Rías Baixas aumentan a súa cota de mercado
Por Redacción |
-
Os viños Rías Baixas conquistan Cidade de México
Por Redacción |
-
A vendima xeneralízase en Rías Baixas con excelentes perspectivas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rías Baixas estima un importante incremento de recollida de uva na vendima
Por Redacción |
-
Juan Gil de Araújo, reelixido como presidente da D.O. Rías Baixas
Por Redacción |