O goberno local sinala o "momento histórico" que vive Pontevedra cun récord de proxectos en marcha
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de obras, Demetrio Gómez, asegurou que Pontevedra está a vivir un "momento histórico" polo récord de proxectos que o goberno local ten en marcha. Díxoo este mércores en rolda de prensa e así llo vai a transmitir ás federacións veciñais ás que vai presentar o seu plan de obras.
Trátase de 19 proxectos en execución que suman un valor total de 3,7 millóns de euros. A estes hai que sumar outros 45 proxectos en fase de tramitación por valor de 28,1 millóns, e finalmente outros 8 proxectos en redacción por 9,8 millóns. Todos xuntos alcanzan os 41 millóns de euros.
Hai proxectos de seguridade viaria, reformas urbanas, rehabilitacións integrais de rúas, saneamento, parques, campos de futbol, instalacións deportivas, skate park ou ata a construción da Rolda Leste.
A estes proxectos aínda se poden incorporar outros máis xa que a lista non está pechada, segundo indicou Gómez Xunqueira. O plan de obras do concello sométese agora a unha fase de participación cidadá para que se acheguen suxestións.
Obras en execución
- Núcleo de Centralidade de Salcedo 397.398,51 euros
- Núcleo de Centralidade do Castelo (Lérez) 18.940,30 euros
- Rehabilitación integral do Cabo (Lourizán) 216.232,81 euros
- Rehabilitación integral da Rúa do Costado (Mourente) 241.653,00 euros
- Rehabilitación integral do acceso aos Fontáns (Santa María de Xeve) 234.226,88 euros
- Rehabilitación integral da Rúa de Tristán de Montenegro e Pratería Vella 213.607,00 euros
- Rehabilitación integral da Avda. de Vigo 274.895,00 euros
- Rehabilitación da Rúa de Cuña Novás 50.000,00 euros
- Calmado integral do tráfico na parroquia de Salcedo 130.500,00 euros
- Calmado integral do tráfico na parroquia de Santa María de Xeve 50.000,00 euros
- Calmado de tráfico no Polígono do Campiño 197.064,51 euros
- Mellora da accesibilidade peonil – Camiño escolar no CEIP de San Bieito (Lérez) 103.455,00 euros
- Mellora da accesibilidade peonil – Camiño escolar no CEIP da Igrexa (Salcedo) 128.000,00 euros
- Mellora da accesibilidade peonil – Camiño escolar no CEIP da Carballeira (Lourizán) 118.000,00 euros
- Mellora da accesibilidade peonil no IES Frei Martín Sarmiento e a residencia de Estudantes 55.000,00 euros
- Rehabilitación da parcela do Monte do Taco e mellora da accesibilidade peonil no entronque da Rúa do Monte do Taco e a Avda. de Marín 58.200,00 euros
- Mellora da accesibilidade peonil no entronque da Rúa do Monte do Taco e a Avda. de Marín 60.343,75 euros
- Saneamento dos Gafos 1.126.174,48 euros
- Área lúdica dos Praceres 98.000,00 euros
SUMA TOTAL 3.771.691,24
Obras en tramitación
- Núcleos de Centralidade de Tomeza 550.000,00 euros
- Núcleo de Centralidade de Pidre (Cerponzóns) 219.625,49 euros
- Adaptación ao Modelo Pontevedra da Rúa do Gorgullón 1.554.055,03 euros
- Adaptación ao Modelo Pontevedra da Rúa da Virxe do Camiño 1.411.428,23 euros
- Adaptación ao Modelo Pontevedra da Rúa da Cruz Vermella 1.400.000,00 euros
- Adaptación ao Modelo Pontevedra do cruzamento do Contorno da rúa da Seca 224.967,44 euros
- Rehabilitación integral dos accesos aos Matos da Trepa (Lourizán) 211.832,63 euros
- Mellora da accesibilidade peonil – Camiño escolar no CEIP Marcos da Portela (Rúa de Suecia) 200.000,00 euros
- Mellora da accesibilidade no aparcamento do Pazo da Cultura e na Rúa de Alexandre Bóveda (centros escolares) 241.567,54 euros
- Mellora da accesibilidade peonil na Avda. das Camelias 127.843,29 euros
- Mellora da accesibilidade peonil no Nó do Pino 75.000,00 euros
- Calmado integral de tráfico na parroquia de Mourente 141.615,00 euros
- Parque Forestal da Fracha 604.794,23 euros
- Rehabilitación da praia fluvial 234.323,98 euros
- Sostemento do noiro na beira do Lérez 43.136,75 euros
- Parque Forestal da Tomba – Montecelo 440.000,00 euros
- Centro Social do Burgo 639.902,97 euros
- Centro Social dos Campos (Mourente) 340.000,00 euros
- Centro Social de Estribela (Lourizán) 545.521,32 euros
- Novas dependencias Municipais na Rúa dos Ferreiros 2.152.000,00 euros
- Reforma da Nave Municipal en Campañó 207.038,74 euros
- Campo de Fútbol de Cerponzóns 1.027.893,51 euros
- Campo de Fútbol de Gatomorto (Santa María de Xeve) 971.479,03 euros
- Campo de Fútbol de Campañó 999.437,36 euros
- Instalación da nova pista do Pavillón Municipal 41.884,00 euros
- Novo Centro Deportivo de Campo Longo 3.067.000,00 euros
- Skate-Park 300.000,00 euros
- Parque infantil de Campo Longo 300.202,85 euros
- Rede de auga potábel nos Areás (Mourente) 84.022,00 euros
- Rehabilitación do Camiño dos Martices(Santa María de Xeve) 50.000,00 euros
- Mellora da seguranza viaria na Esculca (Santa María de Xeve) 60.000,00 euros
- Rehabilitación das conexións Cochón – Cabaleiro e Barragáns – Casaldomendo (Campañó) 141.000,00 euros
- Rehabilitación de camiños na Devesa, As Bouzas, Guxilde, Pontecabras e A Lampreeira (Lérez e Alba) 114.000,00 euros
- Mellora da accesibilidade en touceda (Alba) 180.000,00 euros
- Rehabilitación do acceso á Fontaíña 120.000,00 euros
- Mellora da rede de pluviais no Cruceiro (Lérez) 45.000,00 euros
- Mellora da seguridade peonil na Canicouva e Ponte Sampaio 120.000,00 euros
- Rehabilitación de camiños enSobral, Filgueira e Fragoso e Ponte Sampaio (Santo André de Xeve) 70.000,00 euros
- Mellora da eficiencia enerxética das pontes urbanas 449.974,24 euros
- Mellora da eficiencia enerxética do alumeado público no rural 197.669,47 euros
- Acceso a Príncipe Filipe 550.000,00 euros
- Ronda Leste 3.400.000,00 euros
- Acceso ao Campos (Monte Porreiro) 1.576.674,00 euros
- Accesibilidade do Pavillón Municipal 231.000,00 euros
- Rehabilitación integral do Pavillón Multiusos da Xunqueira 2.106.040,59 euros
EN TOTAL 27.767.929,69 euros
Proxectos en redacción
- Restauración da Ponte do Burgo 1.853.046 euros
- Campo de fútbol de Ponte Sampaio 1.100.000 euros
- Ampliación da praia de Ponte Sampaio 1.400.000 euros
- Campo de fútbol de Salcedo 1.200.000 euros
- Reordenamento do Polígono do Campiño 400.000 euros
- Reforma da Rúa de Rosalía de Castro 1.500.000 euros
- Rehabilitación integral do Pavillón Multiusos da Xunqueira 2.106.040,59 euros
- Parque Infantil de Médico Ballina Estimación 300.000 euros
EN TOTAL 9.859.086,59
Relacionadas:
-
O Concello, disposto a incluír Lepanto nun próximo ciclo de obras
Por Alejandro Espiño |
-
O PP di que o plan de obras do Concello é "froito da desesperación"
Por Oskar Viéitez |
-
A comisión de Economía aproba unha rebaixa de impostos pero... será efectiva?
Por Redacción |
-
O PP esixe a Lores unha rebaixa de impostos
Por Redacción |